viernes, 28 de noviembre de 2008

NOTA INFORMATIVA


NADAL ‘08

Estimada comunidade Edafolóxica:

Pola presente comunicasevos que andamos a procurar data e lugar para a cea de Nadal de este ano.

As datas que se barallan son:

11, 12, 13, 18, 19, 20 de decembro.

Pregaselle os interesados que se anoten e escollan data (a ser posible antes do 2 de decembro) e aceptanse suxerencias de restaurantes.


Esta nota está pegada na entrada do laboratorio de Edafo, na Xaula e na entrada do laboratorio de Bioquimica. A ser posible que non teñamos que andar detrás vosa preguntando...

martes, 25 de noviembre de 2008

APRENDENDO DE TODO

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Ultimamente temos moitos membros da "Comunidade Edafolóxica" (e achegados) que queren facerse famosos nos medios de comunicación. Primeiro Nati en Localia, logo Roberto e Marta en La Voz de Galicia, e por ultimo estes dous personaxes, que o principio non dixeron nada (seria por timidez?) pero todo se sabe...
Eu non sei que tal lles saiu o experimento, pero quero pensar que ese non foi o motivo de que un deles estivese malo do estomago o dia seguinte....
Si tedes interese nestas actividades gastronómicas, podedes apuntarvos en santiagorepetiras.com. Esta do vídeo en concreto (chámase "Merco e cociño con...") trátase de ir á compra e cociñar un menú cun chef galego, pero hay tamén catas de viños e máis cousas.

viernes, 7 de noviembre de 2008

WORKSHOP


Jordi e Marta xa se encargaron de facer circular a información. Pero para os que ainda non o saibades aquí queda o folleto.
Pode ser moi interesante. Por certo,para os que non viñestes o anteiror, pero vos interesa este, sabede que o CEA (Centro de Estudios Avanzados) queda no parque (ou Finca) Vista Alegre o lado da Casa de Europa e a EAEM (Escola de Altos Estudios Musicais).

martes, 4 de noviembre de 2008

HALLOWEN



Venres noite, noite de defuntos, o que os "yankies" lle veñen chamando Hallowen, e aquí, ainda que en tempos dos nosos avos era o Samaín, agora tamén se oe falar de Hallowen. Houbo uns personaxes que decidiron montar unha festa para celebralo e alá fomos o resto. Para axudarlles a montar barullo, ademais de ensuciar o piso. Estas fotos son as do comezo da noite, as outras e os videos do SingStar mellor quedan na intimidade...