En vez de quedarnos ás festas da Ascensión, fomos pasar o finde a Ourense, en Vilar de Ordelles, nas actividades de fin de semana de Naturalmente Galiza.
Empezamos o venres despois da cea, cunha Noite Meiga no Mosteiro de S. Pedro de Roca, con pateada de varios km, susto, queimada, e pateada de volta.
O sábado pola mañá, Ourense Express (unha xinkana pola cidade, máis ou menos). A mediodía, Termas de Outariz a 42º de temperatura e dobremente pasadas por auga (rayos y truenos a tutiplé), e despóis kayak para todos e vela para algúns, no encoro de Castrelo do Miño (mirade remar ós Javis na foto: eso sí que é ir río arriba!).
Pola noite, unha ruta de pinchos que se quedou en cear pinchos nun restaurante, e LK no albergue para casi todos...
O domingo: ruta de mosteiros e degustación de viño e licores nunha adega.
E nada máis! É abondo, non?