miércoles, 17 de octubre de 2007

COMPLOT!!!!!


Que lles pasa os xardiñeiros da USC??? Estan enfadados cas figueiras do campus??? Despois da sorprendente noticia da mañan, a mediodia descubrimos que a figueira que hai detras do COIE tamén está talada.
E por riba esa daba figos!!!
Como sigamos asi imos ter que tomar medidas para parar este complot...

TRAXEDIA NO XARDIN DA XAULA


Pois asi nos quedou o xardinciño de enfrente da xaula hoxe pola mañan. Falta a figueira que nos daba sombra nos dias calurosos do verán. Home, certo é que estaba torcida pero despois de tantos anos xa lle tiñamos cariño.
E non so se levaron a figueira, as hortensias tamén.
A resposta que nos dan é que é unha mala herba q se come todo... Todo o que??? se non habia nadaaaaaaaa.
Bueno, esperemos que o camelio que se ve a dereita da imaxe non corra a mesma sorte.

lunes, 15 de octubre de 2007

FISTERRA




Esta viaxe foi debida en parte a que duas brasileñas querian coñecer o Fin do Mundo. E alá nos marchamno todos!
Total, so fixemos case 400 km...
Vila de Cruces-Santiago-Muros-Carnota-Ézaro-Fisterra-A Coruña-Santiago-Vila de Cruces.

miércoles, 10 de octubre de 2007

ABRAZOS POR BLUETOOTH


Ojito que según la revista Time estamos ante uno de los mejores inventos del pasado 2006. Ojito eh!

Se trata de una camiseta que recibe abrazos por Bluetooth. ¿LO CUALO? Sí hombre, que te lo explico. Consiste en una modernísima prenda con sensores Bluetooth que te permite sincronizarte con los dispositivos de tus amigos y que te manden abrazos virtuales. La cosa no iría a mayor si no fuera porque esta camiseta simula el calor y la presión del abrazo, la duración del mismo y las pulsaciones del corazón del abrazador.

¡¡Y se puede meter en la lavadora!! Aún no está a la venta.

lunes, 1 de octubre de 2007

RESTO DE FOTOS

O resto das fotos da cea (bueno, todas non, pero a maioria) estan no link de flikr.( ESTE)
Podedes botar unha ollada, e se as queredes pois eso, pedideas...

FOTO OFICIAL DA CEA



Non están todos os que son... pero son todos os que están

jueves, 27 de septiembre de 2007

ANUNCIO DE CEA

Pola presente faise publico que mañan dia 28 de setembro terá lugar unha cea de inicio de curso para os edafologos e achegados no Casal do Cabildo da rua S Pedro as 10.00 da noite.
Os que non o fixestes, chamade a David para escoller menú.
Ala, que aproveite!

viernes, 7 de septiembre de 2007

SEMPRE NOS QUEDARÁ O RÍO...

Agora que xa remataron os meses de praia, hai que buscar alternativas para non morrer abrasados na Jaula, así que onte fomos comer a Tapia, e casi casi parecía que estabamos empezando o verán... O malo foi ir a traballar pola tarde (os que tiñamos que traballar!)


jueves, 6 de septiembre de 2007

STRESS




A que extremos chega o estres eh!
Asi estan alguns en setembro para organizar todo o atrasado no mes de agosto.

miércoles, 29 de agosto de 2007

O NIÑO DE POLIÑO

Pois resulta que no camelio do xardin da xaula, atopamos un niño de paxaro, que ben podia ser o de Poliño, a nosa mascota do Blog.