lunes, 21 de julio de 2008

DESPEDIDA ION E ZURI III

Finalmente é certo que marchan...
Para que non se esquezan de nós moi rápido, fixemos picnic de despedida na praia, na Illa de Arousa. Houbo algún problema de loxística (a próxima vez miramos un mapa antes de sair) e algunhas ausencias "salientables" (jeje! David, débesnos un polo), pero o pasamos moi ben, con partida de Cabrón incluída...



Para Zuri seguro que é inolvidable, en todo este tempo aínda non se bañara na praia en Galicia, e houbo que solucionar esa carencia gravííísima. Co bo que é para a circulación...!



Marta ten máis foticos, e tamén Meris, pero está de vacances...

JOÉ, QUÉ CALÓ!

O viernes marchamos a comer ó río, Santiago estaba insoportable de calor, e Piki e Noe fixeran 1000 Kg de ensaladilla...




Que frescor!
A pinta de Agrománs é porque ningún de nós levou bañador, e había que mollar polo menos os pés!

lunes, 7 de julio de 2008

SOMOS LA PIZZA!!

Estamos demostrando que aqui se pode vivir. Comer xa comemos. E o que pasa cando hai presas...
Menuda cara se lle quedou a algun cando chegou e atopou catro pizzas familiares para catro persoas!!!

lunes, 30 de junio de 2008

CELEBRACIÓN DO ASCENSO E DA CHEGADA DO BO TEMPO




Como din eso de que unha imaxe vale mais que mil palabras... aqui deixo varias imaxes para que vos fagades unha idea de como foi a cea do venres. Certo que a foto do post anterior era orientativa. Pero decir que a comida estaba moi boa. E supoño que a bebida tamén...

viernes, 27 de junio de 2008

HOXE, CEA-BAILE!!!


A cea, ás 22:30 h. no COTOLAY, o baile é despois dos chupitos en locales adecuados ó efecto (aínda que si alguén se ofrece a amenizarnos a cea... que non se corte!)
Nota: A foto é só unha ilustración, non vos fagades ilusións...

miércoles, 25 de junio de 2008

SANTIAGO (é) TAPAS



Dise que a orixe etimoloxica da palabra tapa, ven do antigo costume que se estilaba nas tabernas e mesons de tapar os vasos de viño cun anaco de pan, para evitar que entrasen po e moscas, mosquitos e outros bechos.

Aqui vos deixo o enlace de Santiago (é) Tapas por se queredes mais información.
Eu empezaria facendo o Tapasporte.

lunes, 16 de junio de 2008

FOTO OFICIAL

Leva un par de semanas de retraso, pero ahí vai a foto oficial do equipo CAMPIÓN DE 3ª DIVISIÓN da Liga Universitaria da USC (con ascenso a 2ª incluído).
Faltan Inés e Richal, pero é que ese día non estaban, e non tiñamos ningunha fotico deles para amañar co photochó e incluílos nesta grandiosa estampa deportiva (¡!)
Ahí vos queda (Remi: non protestes máis).

CEA BRASIL-SANTIAGO









Por petición de algun membro da comunidade edafoloxica, deixo algunha fotico da cea do venres. Aproveitando a visita dos nosos compañeiros esparcidos polo Brasil, ca excusa do Workshop, pois habia que celebralo. E aló fomos cear, animarnos un pouco co viño ese malote e logo empezamos a noite de Caipirinhas, e cada un rematou como puido...
Se queredes as fotos, xa sabedes a quen pedirllas...

jueves, 12 de junio de 2008

WORKSHOP PHOTOS


Duas fotos representativas de estos dias. A primeira, todos os poñentes (excepto Felipe Macias) A segunda a xente que aguantou estoicamente todas as charlas. Loxicamente falta moita xente que asisteu a algunhas ponencias, pero que marchou antes de que rematara todo.
E despois unhas cervexas amenizadas coa música tradicional da man de Nati.

lunes, 9 de junio de 2008

WORKSHOP


Aqui tedes o programa do Workshop, (por se queda alguen que ainda non se enterase)Que xa sei que esta pegado en todas as paredes...