jueves, 26 de febrero de 2009

PAZ Y AMOR

Y el Plus p'al salón!
Pandilla de Hippies polas ruas de Santiago. Haberia mais seguramente, pero non tan autenticos coma nos. Que ata a orquesta da Capitol nos adicou a canción de "No woman, no cry..."

martes, 17 de febrero de 2009

ADRIANA VOTOU

Hoxe chegou Adriana de volta de Venezuela, xusto despois do referendum da perpetuación de Hugo Chaves no poder. Chamounos a atención a forma de "marcar" ó electorado para saber si votaron ou non: píntanlles o dedo meñique con tinta indeleble de tal forma que ninguén pode votar dúas veces (tecnoloxía punta!), pero sirve tamén para poder tomar represalias contra aos que non votaron...




Como podedes ver, Adriana votou (si queredes saber o qué, preguntádelle a ela)

XA CHE VALE...

... ó que colliches a balanza sin avisar, non a devolviches ó seu sitio, e a deixaches tirada no almacén chea de merda.




Si facedes o favor, en sucesivas ocasións tede a consideración de pedir as cousas e tratalas como é debido, para evitar situacións desagradables deste tipo. Non creo que sexa moito pedir...

jueves, 29 de enero de 2009

JAPI BERDEI, MERIS!!!!



Esto é como o Xabarín: CADA DÍA SOMOS MÁIS!!! Benvida ó clube dos XXX (en números romanos, pillabáns). Non lle teñas lástima... como dixo un sabio edafólogo "Estás mellor que duas de 15!" (Pikuelo et al, 2006)
Non temos documento gráfico do evento gastronómico-social (cafeses, bombóns e pastelitos) de hoxe pola mañá, pero xa sairemos con nocturnidade a celebrala ocasión como se merece, e daquela xa subiremos as fotos.
Moitos bikos de todos.

martes, 20 de enero de 2009

E QUE CUMPLAS MOITOS MAIS...


O tempo pasa para todos, e aqui temos o noso mister xaneiro que o está celebrando hoxe. 25 aniños de nada. Felicidades Juan!!!! e que cumplas moitos mais!!!

lunes, 19 de enero de 2009

ME LLAMO CRIS, Y HOY LEO MI TESIS


Despois de unha exposición de 50 minutos, dos cales os primeiros foron en inglés, e 1h e media de preguntas, (que tamen tivo que reponder en inglés) deixamos plasmado o momento mais importante da mañan do venres: Cando o presidente do tribunal lle da a nota merecida de Sobresaliente Cum laude.
Que se vaian tomando nota os que están a punto de ler...

martes, 30 de diciembre de 2008

CALENDARIO EDAFO '09



Queridos edafologos e achegados:
Inofrmasevos que xa esta na imprenta o novo calendario do departamento.
Para quen esté interesado-a en ter unha copia en papel, que pase pola xaula para pedir os PDF. E se antes lle queredes botar un vistazo a ver se vos convence ou non, pola tarde teremolo xa en papel.
FELIZ 2009!!!

viernes, 19 de diciembre de 2008

FELICES VACACIONS





Seguro que levades toda a semana esperando a que suba as fotos da cea de nadal. Vale, pois aqui están algunhas. So as mais decentes. Se as queredes, xa sabedes donde as tedes que pedir.
(Videos incluidos...)

lunes, 15 de diciembre de 2008

EXPLICACIÓN


No referente a cea do venres, houbo xente que preguntou por que so habia churrasco como sempre, e non habia peixe. Pois esta é a resposta: Armado con un machete e unha taboa de cortar, unha semana antes, ahí se puxo David a destrozar un lote de rodaballos.
Pois eso, que non quedaba peixe e houbo que comer carne...

viernes, 28 de noviembre de 2008

NOTA INFORMATIVA


NADAL ‘08

Estimada comunidade Edafolóxica:

Pola presente comunicasevos que andamos a procurar data e lugar para a cea de Nadal de este ano.

As datas que se barallan son:

11, 12, 13, 18, 19, 20 de decembro.

Pregaselle os interesados que se anoten e escollan data (a ser posible antes do 2 de decembro) e aceptanse suxerencias de restaurantes.


Esta nota está pegada na entrada do laboratorio de Edafo, na Xaula e na entrada do laboratorio de Bioquimica. A ser posible que non teñamos que andar detrás vosa preguntando...