martes, 24 de noviembre de 2009

CEA DE NADAL '09

Xa fai tempo que comezamos a ver os escaparates das tendas cheos de adornos e luceciñas de Nadal. Pois haberá que ir pensando en facer unha cea...
A data xa está escollida: venres 11.
O que falta por saber é sitio, xente e menú. Aceptanse aportacións.

Os interesados anotadevos neste blog (non sexades perezosos, que so é un momentiño) ou avisade a xente de Edafo.
Iremos actualizando para mantervos informados!

martes, 20 de octubre de 2009

PREMIOS (e)DAFO TAPAS

Tras unha ardua deliberación, o xurado popular composto polos propios concursantes do (e)DAFO TAPAS fallou a favor deeee.....


Co 3º premio, e unha tapa chamada Montadito a la Sidra... REBECA!!!
Co 2º premio, e unha tapa de nome Ovos Recheos... MERIS!!!
E, o 1º premio, gracias á súa creación culinaria Flash Forward foi para ............... VEEEROOOO!!!
Estas foron as gañadoras, pero estaban excelentes todas as tapas.
Foi todo taaaan emocionante: os flashes, os aplausos... (:P)
E todos tivemos premio
Houbo tamén unha mención especial á organización do evento para David, pero que, para ser xustos, ten que ser compartida con Vero.
Ahí quedan as fotos das tapas, das papeletas de votación (para que quede constancia de tódolos participantes) e do podium.


martes, 6 de octubre de 2009

CONCURSO DE TAPAS

Despois de gañar o concurso do Santiago-e Tapas, e comprobar que realmente nos gusta comer; non podiamos esperar outro ano ata que o volvan facer. Unha idea que rondaba pola nosa cabeza era facer un concurso de tapas caseiro. Pois ben, David (e Vero) amablemente nos prestan o seu piso para que o levemos a cabo. A data ainda está por decidir, pero os que queirades participar podedes poñervos en contacto con él para presentarlle o voso manxar, saber cantos participantes hai e acordar un dia.

david_r_ch@hotmail.com

ULTIMAS NOVAS:
Xa hai data fixada: venres 16 de outubro.
Os participantes mandadelle un mail a David antes do 15 co nome da tapa para que el vos poida decir cantos somos e cantas temos que preparar. Non o publiquedes aqui, porque as tapas deben ser anonimas para que non haxa influencias a hora de votar!

lunes, 29 de junio de 2009

NOTICIA DE PRENSA

Noticia da Voz de Galicia de hoxe:



Científicos gallegos crean un suelo con residuos que retiene el carbono

La mezcla de basura orgánica con la inorgánica reproduce las propiedades naturales de las tierras

La regeneración con tecnosoles de minas y canteras paliaría las emisiones de CO2 que Galicia libera a la atmósfera

E o resto da noticia en este link

martes, 9 de junio de 2009

INAUGURACIÓN

Hoxe foi a reapertura dos niveis 0 e 1 da facultade. Tras case dous anos de obras puidemos ver o resultado, e facernos unha idea de cómo pode quedar o resto (si é que algún día dan acabado o Escorial este). Non quedou mal, polo menos agora as aulas teñen luz natural, que xa é un logro, e a accesibilidade mellorou moito. Estéticamente, para gustos...

Ahí queda unha foto dos pinchos de inauguración no pasillo.



Mentras tanto, no nivel 2 seguimos co noso: goteiras, fregadeiros rotos, cortes de luz, sen calefacción, sen enchufes...
 
Aínda nos queda, cando menos, ano e medio máis en estas condicións, e ninguén, nin o Departamento, nin o Decanato, nin a Universidade, se dignan a adecentar esto un pouco. En fin... calquera día nos da unha arroutada e tiramos con todo.

martes, 26 de mayo de 2009

RIBEIRA SACRA

En vez de quedarnos ás festas da Ascensión, fomos pasar o finde a Ourense, en Vilar de Ordelles, nas actividades de fin de semana de Naturalmente Galiza. 

Empezamos o venres despois da cea, cunha Noite Meiga no Mosteiro de S. Pedro de Roca, con pateada de varios km, susto, queimada, e pateada de volta. 

 

O sábado pola mañá, Ourense Express (unha xinkana pola cidade, máis ou menos). A mediodía, Termas de Outariz a 42º de temperatura e dobremente pasadas por auga (rayos y truenos a tutiplé), e despóis kayak para todos e vela para algúns, no encoro de Castrelo do Miño (mirade remar ós Javis na foto: eso sí que é ir río arriba!). 

 

Pola noite, unha ruta de pinchos que se quedou en cear pinchos nun restaurante, e LK no albergue para casi todos...

 

O domingo: ruta de mosteiros e degustación de viño e licores nunha adega. 

 

E nada máis! É abondo, non?

viernes, 22 de mayo de 2009

ASCENSION 09


Un ano máis (tropezando na mesma pedra, outra vez) fomos tomar os Viños de Aragón (que non creo que eso sexa viño, nin de Aragón) á caseta das festas da Ascensión, que sigue tan peculiar coma sempre, coa súa decoración elegante, e unha hixiene exemplar (¡!)

Menos mal que despois matamos as bacterias con litros de caipirinha :). 
Este ano non fomos ós cochitos, queda para outra vez...

martes, 21 de abril de 2009

MAIS FELICITACIÓNS

Como pasa o tempo eh! se parece que foi onte o dia que Rebeca chegou timidamente polo departamento para facer os cursos de doutorado e xa pasaron varios anos. Aquí a temos onte, celebrando o seu cumpreanos con nos. Non vou decir cantos cumple, porque esas cousas non se contan. So que son mais de 20 e menos de 30...
MOITAS FELICIDADES REBE!!!! Que cumplas moitos mais e que os celebres así de ben.

lunes, 13 de abril de 2009

FELICIDADES


O certo é que as administradoras deste Blogue temolo un pouco esquecido, non temos perdón. Procurarei despois destas mini-vacacions, darlle un pouco de xeito e ir poñendo fotiños e cousas que sucederon neste ultimo mes.
O mais relevante, foi o nacemento da 2ª nena de Paco, e como bo compañeiro veu celebralo con nos...
FELICIDADES!!!! e sobre todo ánimo! Supoño que a proxima temporada chegaras con olleiras polas mañans...

miércoles, 18 de marzo de 2009

EXCLUSIVA!!!!!

Aqui deixo unha primicia. En exclusiva só no blog de edafo:

A primeira foto de Javi como Doutor!!!!
Costou, levoulle o seu tempo, tivo as suas complicacións, certos contratempos, pero...
El que la sigue, la consigue!!!
Unha exposición de unha hora e outra hora mais de preguntas. Pero tivo o seu froito: Sobresaliente CumLaude. Non era para menos.
Noraboa!

miércoles, 4 de marzo de 2009

PARABENS PARA VELI...

Esa moza que sae no medio da foto cos ollos cerrados e cara de resignación está hoxe de cumple. E tivo a valentia de celebralo con nos, porque somos moi majos.
Non poñas esa cara muller, que non son tantos. E benvida o clube, que xa traspasaches a fronteira, e cada dia somos mais. Coma no Xabarín!!!
Happy birday!!!!!!

jueves, 26 de febrero de 2009

PAZ Y AMOR

Y el Plus p'al salón!
Pandilla de Hippies polas ruas de Santiago. Haberia mais seguramente, pero non tan autenticos coma nos. Que ata a orquesta da Capitol nos adicou a canción de "No woman, no cry..."

martes, 17 de febrero de 2009

ADRIANA VOTOU

Hoxe chegou Adriana de volta de Venezuela, xusto despois do referendum da perpetuación de Hugo Chaves no poder. Chamounos a atención a forma de "marcar" ó electorado para saber si votaron ou non: píntanlles o dedo meñique con tinta indeleble de tal forma que ninguén pode votar dúas veces (tecnoloxía punta!), pero sirve tamén para poder tomar represalias contra aos que non votaron...




Como podedes ver, Adriana votou (si queredes saber o qué, preguntádelle a ela)

XA CHE VALE...

... ó que colliches a balanza sin avisar, non a devolviches ó seu sitio, e a deixaches tirada no almacén chea de merda.




Si facedes o favor, en sucesivas ocasións tede a consideración de pedir as cousas e tratalas como é debido, para evitar situacións desagradables deste tipo. Non creo que sexa moito pedir...

jueves, 29 de enero de 2009

JAPI BERDEI, MERIS!!!!



Esto é como o Xabarín: CADA DÍA SOMOS MÁIS!!! Benvida ó clube dos XXX (en números romanos, pillabáns). Non lle teñas lástima... como dixo un sabio edafólogo "Estás mellor que duas de 15!" (Pikuelo et al, 2006)
Non temos documento gráfico do evento gastronómico-social (cafeses, bombóns e pastelitos) de hoxe pola mañá, pero xa sairemos con nocturnidade a celebrala ocasión como se merece, e daquela xa subiremos as fotos.
Moitos bikos de todos.

martes, 20 de enero de 2009

E QUE CUMPLAS MOITOS MAIS...


O tempo pasa para todos, e aqui temos o noso mister xaneiro que o está celebrando hoxe. 25 aniños de nada. Felicidades Juan!!!! e que cumplas moitos mais!!!

lunes, 19 de enero de 2009

ME LLAMO CRIS, Y HOY LEO MI TESIS


Despois de unha exposición de 50 minutos, dos cales os primeiros foron en inglés, e 1h e media de preguntas, (que tamen tivo que reponder en inglés) deixamos plasmado o momento mais importante da mañan do venres: Cando o presidente do tribunal lle da a nota merecida de Sobresaliente Cum laude.
Que se vaian tomando nota os que están a punto de ler...