Hoxe foi a reapertura dos niveis 0 e 1 da facultade. Tras case dous anos de obras puidemos ver o resultado, e facernos unha idea de cómo pode quedar o resto (si é que algún día dan acabado o Escorial este). Non quedou mal, polo menos agora as aulas teñen luz natural, que xa é un logro, e a accesibilidade mellorou moito. Estéticamente, para gustos...
Ahí queda unha foto dos pinchos de inauguración no pasillo.
Mentras tanto, no nivel 2 seguimos co noso: goteiras, fregadeiros rotos, cortes de luz, sen calefacción, sen enchufes...
Aínda nos queda, cando menos, ano e medio máis en estas condicións, e ninguén, nin o Departamento, nin o Decanato, nin a Universidade, se dignan a adecentar esto un pouco. En fin... calquera día nos da unha arroutada e tiramos con todo.
1 comentario:
lo de las goteras debe ser porque como no tenemos duchas de seguridad...
veras tu en veranito con el calor que refrescante!
Publicar un comentario